domingo, 26 de octubre de 2008

Os que xa non son pero inda estan.

Fara como quince anos, probablmente un sabado a noite dunha cidade galega, para o caso, a miña, Ourense. Un grupo de adolescentes sentabanse a unha mesa dun cafe-cultural ligado ao nacionalismo galego, opinions misturadas, algunha palabra mais alta ca outra, tabaco, moito tabaco, adobo para o tabaco e alcol en grandes cantidades. A conversa era fluida e atrapallada ao mesmo tempo. Quizais atraido polo ruido que xeneraban outro jicho, alto, fraco coa cabeza afeitada e barba de duas semanas incorporouse a mesa.

Nada mais sentarse pediu un ron castrista con champange yankee (coca-cola). Como soia dicir:
-Ate no que bebo son hipocrita.

Non entrou na conversa, dedicouse a escoitar atentamente mentres metia o dedo na copa empuxando o xeo cara o fondo e removendo.

No centro da mesa habia un cinseiro de esos redondos con auga no interior, que levan unha tapa cun buraco por onde botar a cinsa e as colillas.

O rapaz calvo e barbudo quitou a tapa do cinseiro e verquiu a cima da sua copa nel, pondo dous dedos taponando a boca da copa para evitar que tamen fosen os xeos mentres o resto proseguian a solucionar os problemas do pais. Cando se decataron do que estaba a facer detivose a conversa e un dos contertulios increpou:
-Eso, oh, tu tira coa vida... Que non andan as cousas como para tirar coas copas...!

O rapaz calvo e barbudo soriu, era unha de eses sorisos cargadas de sabedoria, sentimento e comprension. El sabia perfectamente que ningun dos que ali sabian o significado desa accion e coa mirada baixa, e por momentos tirste procedeu a explicarse.
-Vos nunca vistes aos vellos coas botas de viño nas leiras? ... Nunca vistes aos vellos derramar sobor da terra o primeiro trago que saia da bota?

Todos prestaron se cadra mais atencion, porque a sua voz faciase nostalxica e daba a impresion de estar a contar algo que se debe escoitar.
-Pois ben -continuaba- ese xesto que tantas veces pudestes ver ten un grande significado. Os vellos soian facelo porque consideraban que antes de saciar a sua sede debian ofrecer de beber a aqueles que estaban na terra, ou mellor dito, os que xa non eran pero inda estaban no noso recordo. E unha mostra de respeto hacia os mortos.

Fixose un grande silencio. Todos sabian que o rapaz calvo e barbudo era horfo de pai dende algunhos anos atras. Dalgun xeito dende ese momento todos gardaron admiracion e respeto para o rapaz alto, fraco, coa cabeza afeitada e barba de duas semanas.

No hay comentarios: